Miradoiro
  • Inicio páxina principal
  • Engadirunha páxina
  • Publicidadeanunciate aquí
  • Servizosde miradoiro
  • Sobre nosmáis miradoiro

Sobre miradoiro

MIRADOIRO é un portal e buscador de páxinas Web de ámbito galego que ofrece una serie de servizos o mesmo tempo que promove o uso da lingua galega nestes e da a coñecer a comunidade galega na Internet. MIRADOIRO e desenvolvido por Javier Fernández Viña, autor e webmaster do proxecto coa colaboración doutras persoas. De forma detallada os colaboradores actuais do proxecto son:

Coordinador xeral: Javier Fernández Viña

Deseñador gráfico: José María Picón

O dominio de MIRADOIRO inclúe tódalas Webs e servizos prestados baixo o nome de dominio miradoiro.com así como dos seus posibles subdominios.

TERMOS DE USO

1. Para as páxinas pertencentes a MIRADOIRO establécense os posteriores termos de uso e política de privacidade os que se someten os usuarios dos servizos prestados por MIRADOIRO.

2. A través da Web, outros soportes electrónicos ou en Internet ofrécense os servizos que nestes mesmos medios se indican, sometidos a certas condicións particulares detalladas e establecidas en función do servizo. A utilización destes servizos atribúe a condición de usuario (en diante Usuario) e a expresa aceptación plena e sen reservas do Usuario a cada unha das Condicións Xerais.

3. As condicións de acceso e uso dos nosos servizos réxense pola lexislación vixente. Quedan por tanto prohibidos tódolos actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros. Expresamente queda prohibida a realización de publicidade (SPAM) de forma directa ou encuberta, así como calquera acción que produza cualquer dano a MIRADOIRO.

4. O usuario é responsable exclusivo de calquera información publicada por el en calquera dos servizos que ofrece MIRADOIRO e de tódalas súas comunicacións con outros membros/usuarios de MIRADOIRO. O usuario recoñece que MIRADOIRO non vixía nin lle é posible vixiar as actividades de tódolos seus membros.

5. O usuario acepta a responsabilidade de comportarse no uso de MIRADOIRO nunha maneira consecuente coas leis aplicables. Como resultado, o usuario recoñece que MIRADOIRO non é responsable pola legalidade ou conducta de calquera dos seus usuarios.

6. En ningún caso MIRADOIRO será responsable dos danos ou perxuízos que resulten directa ou indirectamente do uso do servizo polos actos ou omisións dos usuarios.

7. O usuario recoñece que existen resgos relacionados cos usuarios de Internet e que os usuarios deste servizo poden intentar crear aparencias falsas con motivos ilexítimos. Tamén recoñece e acepta que a corroboración dos datos dos usuarios de Internet é difícil e que MIRADOIRO non pode confirmar os antecedentes de calquera dato referente a calquera usuario e que tal obriga de investigar e/ou determinar estes datos queda exclusivamente en cada usuario.

8. Parte dos contidos destas Webs foron feitos e publicados pola propia entidade MIRADOIRO. MIRADOIRO só se responsabiliza destes conidos. As presentes Webs tamén pode ter conexións a terceiras páxinas Web operadas por outras persoas das que MIRADOIRO nos se fai responsable.

9. MIRADOIRO emprega cookies para obter información e realizar análises estatísticos sobre o uso dos seus sitios Web e para permitir o funcionamento dalgúns servizos. As cookies empregadas por MIRADOIRO non permiten acceder mediante elas a datos do disco duro do Usuario. Se o Usuario o desexa pode evitar as cookies configurando o seu navegador para impedir o uso de cookies.

10. O usuario comprometese ademais a respectar as normas específicas para cada servizo, podendo ser sancionado ca expulsión dun servizo en concreto ou da totalidade dos servizos prestados por MIRADOIRO.

POLITICA DE PRIVACIDADE

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), os datos subministrados polos Usuarios quedarán incorporados nun ficheiro automatizado, o que será procesado exclusivamente para a finalidade descrita. Estes datos recolleranse a través dos formularios ou procedementos correspondentes, que só terán os campos o parámetros imprescindibles para poder prestar o servizo requirido polo Usuario.

Os datos de carácter persoal serán tratados co grao de protección adecuado, segundo o Real Decreto 994/1999 do 11 de xuño, tomándose as medidas de seguridade precisas para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado por parte de terceiros cos poidan utilizar para finalidades distintas das que foron solicitadas polo Usuario.

O Usuario poderá exercer os seus dereitos de oposición, acceso, rectificación ou cancelación, en cumprimento do establecido na LOPD, a través dos formularios correspondentes ou poñéndose en contacto connosco a través do correo electrónico admin@miradoiro.com

DATOS LEGAIS

Razón: MIRADOIRO

Responsable: Javier Fernández Viña

Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña)

E-mail: info@miradoiro.com



  • Sobre nos
  • Engadir páxina|
  • Inicio|

2010 © miradoiro